DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Mércores, 2 de setembro de 2026 Páx. 47767

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 21 de agosto de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 20260170BA-PO, por infracción en materia sanitaria.

O 28 de xullo de 2026 a directora territorial de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador 20260170BA-PO contra a persoa titular do NIE Y9002163T.

Tras intentar a notificación deste acordo de inicio consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido efectuarse, polo que mediante este anuncio notifícaselle á persoa titular do NIE Y9002163T o contido do devandito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que le asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a presentar alegacións ante este departamento territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, lembrándolle o seu dereito para consultar o expediente, depositado nas dependencias deste departamento, sito en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 1º andar, e obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da devandita lei.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do devandito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamiento preciso acerca da responsabilidade imputada, de acordo co artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Advírteselle de que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 21 de agosto de 2026

María Dolores Bazán Arcay
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 20260170BA-PO.

NIE da persoa denunciada: Y9002163T.

Último enderezo coñecido: Gran Vía 104, 5º A, Vigo, Pontevedra.

Feito imputado: suposta infracción do previsto no artigo 25 da Lei 6/2025, do 23 de decembro, de protección da saúde das persoas menores e prevención das condutas aditivas: «1. Quedan prohibidas a venda e subministración de bebidas alcohólicas a persoas menores de idade. As persoas titulares e empregadas dos establecementos, así como calquera outra persoa que interveña na venda ou na subministración de bebidas alcohólicas, exixirán a todas as persoas compradoras, salvo que sexa evidente que son maiores de idade, acreditar a devandita idade mediante documento de valor oficial. 2. Para os efectos do regulado nesta lei, incorrerán en responsabilidade as persoas maiores de idade que induzan persoas menores de idade ao consumo de bebidas alcohólicas, así como que lles vendan ou fornezan bebidas alcohólicas ou que as compren para elas».

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como grave no artigo 52.a) da Lei 6/2025, do 23 de decembro, de protección da saúde das persoas menores e prevención das condutas aditivas: «Constitúen infraccións graves: a) A venda, a subministración ou a indución ao consumo de bebidas alcohólicas a persoas menores de idade, así como a súa adquisición para entregarllas a elas».

Sanción proposta: tres mil cinco euros con sete céntimos (3.005,07 €).