DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Mércores, 2 de setembro de 2026 Páx. 47781

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 20 de agosto de 2026, da Área Provincial de Lugo, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente 209885 e un máis.

Logo de tentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados pola Xefatura da Área do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo.

A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberá efectuarse no prazo de cinco días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, avenida Ramón Ferreiro, nº 28, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 20 de agosto de 2026

Alberto José López Díaz
Xefe da Área Provincial de Lugo

ANEXO

Expediente

DNI/NIE

Acto obxecto de notificación

209885

Z0067378Q

Trámite de audiencia no sorteo do 5.6.2026 de VPP no barrio histórico de Ribadeo

210053

08182746J

Trámite de audiencia no sorteo do 5.6.2026 de VPP no barrio histórico de Ribadeo