DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Mércores, 2 de setembro de 2026 Páx. 47779

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 24 de agosto de 2026, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se notifica a folla de valoración fundada da Administración tras non se poderen efectuar as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra Vía de alta capacidade Carballo-Berdoias (clave AC/06/140.01.75), no concello de Vimianzo.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tras resultaren infrutuosos os intentos de notificación e/ou descoñecido o domicilio dos titulares, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a folla de valoración fundada da Administración no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra «Vía de alta capacidade Carballo-Berdoias», de clave AC/06/140.01.75, no concello de Vimianzo.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas oficinas da sede do Servizo Provincial da Coruña da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), sita na rúa Vicente Ferrer, número 2 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da folla de valoración fundada da Administración e constancia de tal coñecemento. Transcorrido o dito prazo de dez días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 24 de agosto de 2026

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Clave de obra

Predios

Interesado/a

Acto que se notifica

AC/06/140.01.75

577, 580, 581, 582, 583, 584, 586, 588, 591-A, 591, 593, 594, 597

02688356R

Folla de valoración fundada

AC/06/140.01.75

577, 580, 581, 582, 583, 584, 586, 588, 591-A, 591, 593, 594, 597

32800664L

Folla de valoración fundada

AC/06/140.01.75

577, 580, 581, 582, 583, 584, 586, 588, 591-A, 591, 593, 594, 597

32810058Y

Folla de valoración fundada

AC/06/140.01.75

577, 580, 581, 582, 583, 584, 586, 588, 591-A, 591, 593, 594, 597

46908955H

Folla de valoración fundada

AC/06/140.01.75

577, 580, 581, 582, 583, 584, 586, 588, 591-A, 591, 593, 594, 597

32279501J

Folla de valoración fundada