Que na notaría de Alba Sánchez-Andrade, na Coruña, situada na rúa Juana de Vega, 9, 3º, outorgouse unha escritura de protocolización de partilla por maioría da Lei de dereito civil de Galicia, cos seguintes datos:
1) Número de expediente: escritura do 17 de xullo de 2026, baixo o número seiscentos cincuenta e catro de orde.
2) Outorgantes: José Manuel Vázquez Méndez, Antonio Vázquez Méndez e Ángela Vázquez Méndez.
3) Herdanza obxecto da presente: Delfina Méndez Iglesias.
4) Documento obxecto da protocolización: caderno de partilla con data do oito de xullo de dous mil vinte e seis elaborado pola contadora-partidora designada: María Asunción Jiménez de Llano Zato, colexiada número 678 do I.C.A da Coruña.
Este anuncio ten como obxecto dar a oportuna publicidade ao documento outorgado, dado que un dos herdeiros, María Jesús Vázquez Méndez, se atopa en paradeiro descoñecido.
A Coruña, 25 de agosto de 2026
María del Alba Sánchez-Andrade Fernández-Avello
Notaria da Coruña
