DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Mércores, 2 de setembro de 2026 Páx. 47802

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilaboa

ACORDO do Pleno do Concello de Vilaboa polo que se aproba inicialmente a modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal (MP1 PXOM).

Aprobada inicialmente a modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal (MP1 PXOM) por Acordo do Pleno de data 27.7.2026, de conformidade cos artigos 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 18 da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera persoa interesada nas dependencias municipais, así como na sede electrónica deste Concello (https://vilaboa.sedelectronica.es), para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Así mesmo, de conformidade co artigo 86 do regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, suspéndese o outorgamento das licenzas de parcelamento, edificación ou demolición, por un prazo de dous anos, en todo o termo municipal, sen afectar as seguintes actuacións:

a) As obras de mantemento, conservación e reforma, salvo no caso de obras de rehabilitación integral que sexan equiparables á reconstrución total do edificio non xustificadas en razóns de urxencia ou que supoñan un aumento do volume edificado.

b) Aos títulos habilitantes de primeira ocupación.

c) Aos proxectos que cumpran simultaneamente o instrumento de planeamento en vigor e a modificación deste.

d) Aos actos suxeitos ao trámite de comunicación previa, sempre e cando se trate de obras ou actos para a implantación de usos ou actividades autorizados polo novo planeamento.

Vilaboa, 25 de agosto de 2026

César Poza González
Alcalde