DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Mércores, 2 de setembro de 2026 Páx. 47801

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria e das bases reguladoras dos procesos selectivos para o acceso, por promoción interna, ás categorías de oficial e inspector/a no corpo da Policía Local do Concello de Pontevedra (oferta de emprego público do ano 2026).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 161, do luns 24 de agosto de 2026, publicáronse as bases reguladoras dos procesos de selección, por promoción interna, para o acceso a varias categorías do corpo da Policía Local correspondentes a prazas da oferta de emprego público (OEP) do ano 2026.

A concelleira de Servizos non Territorializados convocou, mediante a Resolución do 11.8.2026, os procesos selectivos para a cobertura, pola quenda de promoción interna, das prazas vacantes no Concello de Pontevedra incluídas na oferta de emprego público do ano 2026 que a continuación se sinalan:

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local. Número de vacantes: 1. Denominación: oficial.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A. Subgrupo A2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local. Número de vacantes: 1. Denominación: inspector/a.

O prazo de presentación de instancias para participar no dito proceso de selección será de vinte días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da corporación, nos termos establecidos nas bases.

Pontevedra, 24 de agosto de 2026

Miguel Anxo Fernández Lores
Alcalde