No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 159, do xoves 20 de agosto de 2026, publicáronse as bases reguladoras do proceso de provisión por mobilidade de dous postos na categoría de policía, un posto na categoría de oficial e un posto na categoría de inspector/a principal no corpo da Policía local do Concello de Pontevedra, incluídas na oferta de emprego público do ano 2026.
A concelleira de Servizos non Territorializados convocou, mediante a Resolución do 11 de agosto de 2026, o proceso de provisión de postos, polo sistema de mobilidade, para a provisión de varios postos vacantes no Concello de Pontevedra, incluídos na oferta de emprego público ordinaria correspondente ao exercicio 2026 que se sinala a continuación:
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala de administración especial, subescala servizos especiais. Número de vacantes: 2. Denominación: policía.
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local. Número de vacantes: 1. Denominación: oficial.
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A. Subgrupo A2. Clasificación: escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local. Número de vacantes: 1. Denominación: inspector/a principal.
O prazo de presentación de instancias para participar no proceso de provisión arriba sinalado será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da corporación, nos termos establecidos nas bases.
Pontevedra, 21 de agosto de 2026
A concelleira de Servizos non Territorializados
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 12.2.2026)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira delegada de Protección Cidadá e Recursos Humanos
