DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Mércores, 2 de setembro de 2026 Páx. 47794

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Piñor

ANUNCIO do 9 de decembro de 2025 de notificación aos titulares descoñecidos do requirimento para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que non se pode determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa ou se ignora o lugar de notificación, os titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obrigación legal de xestión da biomasa, e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data da acta
de inspección

Referencia catastral

Localización/polígono/parcela

Persoa responsable

7.8.2025

32062A04700096

A Corna (Santa María do Desterro), Piñor, Ourense

047

00096

Descoñecida

7.8.2025

32062A06200208

A Corna (Santa María do Desterro), Piñor, Ourense

062

00208

Descoñecida

7.8.2025

32062A06200244

A Corna (Santa María do Desterro), Piñor, Ourense

062

00244

Descoñecida

7.8.2025

32062A06500079

A Corna (Santa María do Desterro), Piñor, Ourense

065

00079

Descoñecida

7.8.2025

32062A06500090

A Corna (Santa María do Desterro), Piñor, Ourense

065

00090

Descoñecida

7.8.2025

32062A06500111

A Corna (Santa María do Desterro), Piñor, Ourense

065

00111

Descoñecida

7.8.2025

32062A06500120

A Corna (Santa María do Desterro), Piñor, Ourense

065

00120

Descoñecida

7.8.2025

32062A06500137

A Corna (Santa María do Desterro), Piñor, Ourense

065

00137

Descoñecida

7.8.2025

32062A06500352

A Corna (Santa María do Desterro), Piñor, Ourense

065

00352

Descoñecida

7.8.2025

32062A06500363

A Corna (Santa María do Desterro), Piñor, Ourense

065

00363

Descoñecida

7.8.2025

32062A06500364

A Corna (Santa María do Desterro), Piñor, Ourense

065

00364

Descoñecida

7.8.2025

32062A06500395

A Corna (Santa María do Desterro), Piñor, Ourense

065

00395

Descoñecida

7.8.2025

32062A06500479

A Corna (Santa María do Desterro), Piñor, Ourense

065

00479

Descoñecida

7.8.2025

32062A06500507

A Corna (Santa María do Desterro), Piñor, Ourense

065

00507

Descoñecida

7.8.2025

32062A06500510

A Corna (Santa María do Desterro), Piñor, Ourense

065

00510

Descoñecida

8.8.2025

32062A06800053

A Corna (Santa María do Desterro), Piñor, Ourense

068

00053

Descoñecida

7.8.2025

32062A07800155

A Corna (Santa María do Desterro), Piñor, Ourense

078

00155

Descoñecida

1º. En virtude do que antecede, comunícase que na acta de inspección referenciada se comprobou que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Por tanto, dispoñen dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

Lémbraselles ás persoas que resulten responsables segundo o artigo 21.ter que deberán proceder á execución da xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas de xestión de biomasa, incluída, de ser o caso, a retirada de especies arbóreas, antes de finalizar o mes de maio de cada ano. Ademais, en caso de incumprimento persistente, as obrigacións de xestión para os anos seguintes deberán completarse antes do primeiro día de abril.

2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o dito prazo, poderanse impoñer multas coercitivas reiteradas cada 3 meses, cuxa contía será de 900,00 euros por hectáreas de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área for inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben proceder á execución subsidiaria a través da realización pola Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto. En todo caso, a contía mínima que se vai impoñer por multa coercitiva será de 100,00 euros con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da citada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión de biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, a espazos físicos susceptibles de mereceren a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias pola Administración poderase verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. O Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obrigación de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez finalizados os traballos, de ser o caso. A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria pola Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria e será notificada á persoa responsable para o seu pagamento.

Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa:

Nº de expediente

Referencia catastral

ha afectadas por
execución subsidiaria

Estimación prezo por ha

Liquidación provisional

2025/32062A04700096

32062A04700096

0,0290

3.545,82 €

102,81 €

2025/32062A06200208

32062A06200208

0,1784

3.545,82 €

632,52 €

2025/32062A06200244

32062A06200244

0,0121

2.056,00 €

24,97 €

2025/32062A06500079

32062A06500079

0,0049

3.545,82 €

17,21 €

2025/32062A06500090

32062A06500090

0,0054

2.056,00 €

11,02 €

2025/32062A06500111

32062A06500111

0,0439

2.056,00 €

90,20 €

2025/32062A06500120

32062A06500120

0,2586

3.545,82 €

916,78 €

2025/32062A06500137

32062A06500137

0,0337

2.056,00 €

69,25 €

2025/32062A06500352

32062A06500352

0,0093

3.545,82 €

32,92 €

2025/32062A06500363

32062A06500363

0,0111

3.545,82 €

39,49 €

2025/32062A06500364

32062A06500364

0,0115

3.545,82 €

40,91 €

2025/32062A06500395

32062A06500395

0,0439

2.056,00 €

90,36 €

2025/32062A06500479

32062A06500479

0,4515

3.545,82 €

1.601,08 €

2025/32062A06500507

32062A06500507

0,0264

2.056,00 €

54,29 €

2025/32062A06500510

32062A06500510

0,0253

3.545,82 €

89,86 €

2025/32062A06800053

32062A06800053

0,0273

2.056,00 €

56,17 €

2025/32062A07800155

32062A07800155

0,1675

2.056,00 €

344,32 €

4º. A falta de cumprimento das obrigacións indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, en que se poderán adoptar medidas de carácter provisional consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais e comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular do departamento territorial da consellería con competencias en materia de incendios forestais por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a. A persoa titular do departamento territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b. O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c. A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais respecto diso, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves ou moi graves corresponderá á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se pode impoñer en caso de infracción leve: 1.000,00 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. En caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000,00 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

Piñor, 9 de decembro de 2025

José Luis González Rodríguez
Alcalde