DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Mércores, 2 de setembro de 2026 Páx. 47753

IV. Oposicións e concursos

Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

ANUNCIO do 25 de agosto de 2026 polo que se fai pública a convocatoria do proceso selectivo para a cobertura definitiva de dous postos de auxiliar de laboratorio existentes no cadro de persoal laboral, pola quenda de acceso libre.

A directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (en diante, Intecmar), en virtude das competencias atribuídas pola Lei 3/2004, do 7 de xuño, de creación do Instituto, anuncia a aprobación da convocatoria para a cobertura definitiva de dous postos de auxiliar de laboratorio existentes no cadro de persoal laboral, pola quenda de acceso libre, mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso nas categorías seguintes:

Posto/categoría

Quenda xeral

Grupo e categoría

Total prazas

Auxiliar de laboratorio

Acceso libre

IV-11

2

As bases estarán expostas na páxina web do Intecmar (http://www.intecmar.gal/transparencia/convocatorias/default.aspx). O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Vilaxoán, 25 de agosto de 2026

María Covadonga Salgado Blanco
Directora do Instituto Tecnolóxico para o Control
do Medio Mariño de Galicia