Mediante Resolución do Reitorado do 4 de maio de 2026 (DOG do 13 de maio e BOE do 15 de xuño), convocáronse probas selectivas para cubrir dúas prazas da categoría profesional de técnico/a superior de actividades deportivas, pola quenda de acceso libre. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.
Segundo. Indicar que a lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas, dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivaran a exclusión ou a omisión.
Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:
https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm
Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, que xustifique o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.
Sexto. Nomear, en aplicación da base 5.1 da convocatoria, o tribunal do proceso selectivo. Estará composto polas seguintes persoas:
Tribunal titular:
Presidenta:
– Eva María Domínguez Costas, funcionaria de carreira da escala técnica superior da UDC.
Vogais:
– Elena Sierra Palmeiro, profesora titular de universidade da UDC.
– Martín Cacheiro Martínez, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
– José Antonio Antelo Castelo, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
Secretaria:
– Maruxa Casal Reyes, funcionaria de carreira da escala técnica superior de administración da USC, que actuará con voz e voto.
Tribunal suplente:
Presidente:
– José Andrés Sánchez Molina, profesor titular de universidade da UDC.
Vogais:
– Luís Morenilla Burló, profesor titular de universidade da UDC.
– Alejandra Martínez Maquieira, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
– Bruno Dacuña Mariño, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
Secretaria:
– Silvia M. Moreira Figueiras, funcionaria de carreira da escala técnica superior de administración da USC, que actuará con voz e voto.
Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2026
Rosa María Crujeiras Casais
Reitora da Universidade de Santiago de Compostela
