DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Mércores, 2 de setembro de 2026 Páx. 47756

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 2026 pola que se aproba e fai pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o acceso á escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade biblioteca, subgrupo A2, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución do 28 de abril de 2026 (DOG do 11 de maio e BOE do 8 de xuño), convocáronse probas selectivas para cubrir seis prazas na escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade biblioteca (subgrupo A2) da USC, pola quenda de acceso libre. Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas pola quenda de acceso libre.

Segundo. Indicar que a citada lista provisional está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas, dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivaran a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalFuncionario.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Sexto. Nomear, en aplicación da base 5.1 da convocatoria, o tribunal do proceso selectivo. Estará composto polas seguintes persoas:

Tribunal titular:

Presidenta:

– María Isabel Casal Reyes, funcionaria de carreira da escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos da USC.

Vogais:

– Ana González da Costa, funcionaria de carreira da escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos da USC.

– Cristal Martínez Pousa, funcionaria de carreira da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas da USC.

– Antonio Fernández Domínguez, funcionario de carreira da escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos da Xunta de Galicia.

Secretario:

– José Ramón Basante Barbazán, persoal directivo profesional da USC, que actuará con voz e voto.

Tribunal suplente:

Presidenta:

– María Cana Villar, funcionaria de carreira da escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas da USC.

Vogais:

– César Gómez Pérez, funcionario de carreira da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas da USC.

– María Carmen Posse Rivera, funcionaria de carreira da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas da USC.

– María Lourdes Pérez González, funcionaria de carreira da escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas da USC.

Secretaria:

– Elsa María Mosquera Barcia, funcionaria de carreira da escala técnica superior de Administración da USC, que actuará con voz e voto.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2026

Rosa María Crujeiras Casais
Reitora da Universidade de Santiago de Compostela