Por Resolución do 29 de xuño de 2026 (DOG núm. 125, do 7 de xullo), convocáronse para a súa provisión, polo sistema de libre designación, varios postos vacantes de xefatura de persoal licenciado sanitario, do nivel asistencial de atención primaria.
De acordo co disposto na base cuarta da convocatoria, abriuse un prazo de 15 días hábiles (do 8 ao 28 de xullo de 2026), posteriormente ampliado ata o 4 de agosto de 2026, para a presentación de solicitudes de participación, con concorrencia en todos os postos, convocados agás no de xefe/a de Servizo de Atención Primaria de Maceda.
De conformidade co disposto nas bases da convocatoria e á vista dos informes emitidos pola Dirección de Atención Primaria, a que se fai referencia na base quinta,
Esta xerencia, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde; e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde; en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 145/2024, do 20 de maio (DOG núm. 101, do 27 de maio), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; pola Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril) de delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde; e polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos Sanitarios do sistema público de saúde de Galicia,
ACORDA:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de varios postos vacantes de xefatura de persoal licenciado sanitario do nivel asistencial de atención primaria, anunciada mediante Resolución do 29 de xuño de 2026 (DOG núm. 125, do 7 de xullo).
Segundo. Nomear para os postos convocados as persoas que se relacionan no anexo desta resolución.
Terceiro. As persoas nomeadas deberán cesar nas prazas que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación desta resolución.
Cuarto. A toma de posesión dos postos de traballo adxudicados deberá efectuarse dentro dos dous días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, de adscrición ou destino provisorio, ou de comisión de servizos.
Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada da persoa interesada, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo xerente de Área Sanitaria.
Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado/a nesta situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.
Quinto. Declarar deserto, por falta de concorrencia de aspirantes, o posto vacante de xefe/a de Servizo de Atención Primaria de Maceda.
Sexto. Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación.
Ourense, 26 de agosto de 2026
José Santiago Camba Bouzas
Xerente da Área Sanitaria de Ourense,
Verín e O Barco de Valdeorras
ANEXO
Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Atención Primaria da Cuña.
Nome e apelidos: Miren Maite Portuburu Izaguirre.
DNI: ***8676**.
Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Atención Primaria de Bande.
Nome e apelidos: Julia Garrido Sierra.
DNI: ***4486**.
Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Atención Primaria do Barco de Valdeorras.
Nome e apelidos: Luis Manuel Flores Garnica.
DNI: ***8242**.
Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Atención Primaria de Xinzo de Limia.
Nome e apelidos: Isabel Conde Pais.
DNI: ***0822**.
(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal de acordo coa disposición adicional sétima da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
