DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Xoves, 3 de setembro de 2026 Páx. 47929

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 2026 pola que se nomea profesorado permanente laboral (PPL2501).

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar o concurso de acceso convocados mediante a Resolución desta universidade do 23 de decembro de 2025 (DOG do 16 de xaneiro de 2026), corrixidos erros mediante a Resolución reitoral do 28 de xaneiro de 2026 (DOG do 5 de febreiro), e presentada polas persoas propostas a documentación a que fai referencia a base oitava da convocatoria.

Este reitorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, del sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente sinatura do contrato polas persoas interesadas, que deberá realizarse no prazo máximo de 20 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da dita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

Vigo, 21 de agosto de 2026

María Carmen García Mateo
Reitora da Universidade de Vigo

ANEXO

Código

PPL2501-X09-650-PPL-TC-01

Corpo

Profesor/a permanente laboral

Área de coñecemento

A0650 Organización de empresas

Departamento

D00X09 Organización de empresas e márketing

Centro de traballo

312 Escola de Enxeñaría Industrial

DNI

***3636**

Nome e apelidos

Roberto Bellas Rivera