De conformidade coa proposta elevada pola comisión nomeada para xulgar o concurso de acceso da praza número 2 convocado, xunto co doutras prazas, por resolución desta universidade do 10 do febreiro de 2026 (BOE do 21 de febreiro), modificada mediante resolución reitoral do 13 de marzo de 2026 (BOE do 19 de marzo), e unha vez presentada pola persoa proposta a documentación a que fai referencia a base oitava da convocatoria, esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo) e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar o nomeamento que se especifica no anexo.
Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión por parte da persoa interesada, que se deberá efectuar no prazo máximo de vinte (20) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Se o último día do prazo for inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante a reitora no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da dita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).
Vigo, 24 de agosto de 2026
María Carmen García Mateo
Reitora da Universidade de Vigo
ANEXO
|
Código |
TU2502-C07-640-TU-TC-01 |
|
Corpo |
Profesor/a titular de universidade |
|
Área de coñecemento |
A0640 Nutrición e bromatoloxía |
|
Departamento |
D00C07 Química analítica e alimentaria |
|
Centro de traballo |
101 Facultade de Ciencias |
|
DNI |
***6705** |
|
Nome e apelidos |
María Figueiredo González |
