DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Xoves, 3 de setembro de 2026 Páx. 47933

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 24 de agosto de 2026, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, polo que se lle dá publicidade á resolución de concesión de ocupación de 1.300,63 metros cadrados de dominio público marítimo-terrestre para a mellora do saneamento nos concellos de Vilanova de Arousa e de Cambados.

De conformidade co disposto no artigo 152.12 do Regulamento xeral de costas, aprobado polo Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, faise pública a Resolución da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, do 10 de agosto de 2026, pola que se outorgou a concesión da referencia, coas seguintes condicións principais:

Titulares: Concello de Vilanova de Arousa e Concello de Cambados.

Destino: mellora do saneamento nos concellos de Vilanova de Arousa e de Cambados.

Superficie: 1.300,63 m²-Vilanova de Arousa (508,23 m²) e Cambados (792,40 m²).

Prazo: 30 anos.

Canon: exento.

Poderá consultarse a resolución completa na seguinte ligazón:

https://ficheiros-web.xunta.gal/medio-ambiente/litoral/concesions/2026/RES-CONC-PO-2026-004C.pdf

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2026

Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático