Mediante a Resolución do 19 de agosto de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DOG núm. 157, do 20 de agosto), fixéronse públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario do corpo de axudantes de carácter facultativo, escala de axentes facultativos ambientais, da Xunta de Galicia.
O 27 de agosto de 2026 rematou o prazo establecido no punto terceiro da dita resolución para presentar reclamacións.
Unha vez examinadas e resoltas as reclamacións, a Comisión Permanente constituída ao abeiro do artigo 4 do Decreto 37/2006 acordou elevar á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
En consecuencia, de conformidade co establecido no artigo 11 do decreto regulador, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro. Facer públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario do corpo de axudantes de carácter facultativo, escala de axentes facultativos ambientais, da Xunta de Galicia.
Segundo. As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal epígrafe Listas de contratación e no Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012.
As ditas listas incluirán a seguinte información:
– Solicitantes admitidos/as na lista con indicación da puntuación resultante da aplicación do baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo.
– Solicitantes excluídos/as con expresión da causa de exclusión.
Terceiro. As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Cuarto. As persoas solicitantes excluídas disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicitaren a devolución das taxas por dereitos de inscrición, e deben consignar o nome e apelidos, NIF, número da conta bancaria (vinte díxitos) e localidade desta, segundo o modelo que figura no anexo III da Orde do 22 de febreiro de 2021 (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), xunto coa documentación xustificativa de que se aboaran as taxas administrativas.
Quinto. Contra esta resolución e de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2026
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público
e Administración de Persoal
