BDNS (Identif.): 923664.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/923664
Primeiro. Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións as confrarías de pescadores, as organizacións de produtores, as cooperativas do mar, as asociacións de profesionais do sector e as demais entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector, sempre que sexan entidades titulares de plans marisqueiros en réxime de coxestión e teñan a sede social na Comunidade Autónoma de Galicia.
Segundo. Obxecto
Esta orde ten por obxecto modificar o punto 3 do artigo 7 (Gastos subvencionables) da Orde do 29 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2026 para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de axudas a proxectos que permitan paliar as perdas por mortalidade de moluscos tras a afectación polos episodios de choivas de 2026 (código de procedemento PE209Q).
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 29 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2026 para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de axudas a proxectos que permitan paliar as perdas por mortalidade de moluscos tras a afectación polos episodios de choivas de 2026 (código de procedemento PE209Q).
Cuarto. Contía
O importe máximo das subvencións que se concederán en 2026 será de oitocentos mil euros (800.000 €) nunha única anualidade, a de 2026.
Quinto. Gastos subvencionables
Consideraranse subvencionables os gastos realizados e pagados desde o 10 de febreiro de 2026, data da declaración de emerxencia de protección civil polo Consello de Ministros, ata o 15 de novembro de 2026, sempre que estean debidamente xustificados documentalmente e que cumpran os demais requisitos establecidos nesta orde.
Sexto. Prazo de presentación de solicitudes
A publicación desta orde de modificación dos gastos subvencionables non implicará a modificación do prazo establecido para presentar solicitudes.
Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2026
Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar
