DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Xoves, 3 de setembro de 2026 Páx. 47938

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 25 de agosto de 2026, do Servizo de Coordinación de Enerxías Renovables, polo que se notifican os depósitos previos, a ocupación e o inicio dos prazos de mutuo acordo e de presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados polo proxecto do parque eólico Outes (expediente IN661A 2010/013).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», notifícaselles ás persoas interesadas sinaladas no anexo a consignación de depósitos previos á ocupación, a data de ocupación, o inicio dos prazos de mutuo acordo e de presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto do parque eólico Outes (expediente IN661A 2010/013).

As persoas interesadas poderán solicitar unha copia da acta previa á ocupación, da folla de valoración do depósito previo á ocupación, do xustificante da súa consignación, así como o levantamento do dito depósito ante o Servizo de Coordinación de Enerxías Renovables da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, achegando xunto coa solicitude unha copia do DNI, documentación acreditativa da titularidade do predio e unha certificación bancaria que indique o número de conta para efectuar o ingreso. O importe do dito depósito previo, no caso de non ser retirado neste momento, poderá aboarse tamén no momento en que se efectúe o pagamento do prezo xusto (para o que será oportunamente citado). Este importe non se corresponde coa cantidade ofertada pola entidade beneficiaria nin coa que, no seu día, determine o Xurado de Expropiación de Galicia como prezo xusto, senón coa cantidade previa legalmente exixida para autorizar a ocupación dos predios.

Así mesmo, de acordo co artigo 24 da LEF, os titulares dos predios indicados no anexo dispoñen de 15 días desde a publicación deste anuncio para convir libremente e por mutuo acordo o prezo da expropiación coa entidade beneficiaria, sen prexuízo de que en calquera fase posterior da tramitación poidan chegar a ese mutuo acordo. Cumprido o referido prazo, e de acordo co artigo 29 da Lei de expropiación forzosa, os titulares quedan formalmente requiridos para que, no prazo de 20 días, presenten a folla de valoración na cal concreten o valor da indemnización que consideren que lles corresponde sobre o ben obxecto de expropiación. A folla de valoración deberá estar debidamente motivada e poderá estar avalada coa sinatura dun perito que reúna os requisitos establecidos no artigo 31 do Regulamento da Lei de expropiación (Decreto do 26 de abril de 1957). No caso de non presentar a dita folla de valoración no prazo sinalado, esta Administración procederá conforme o establecido no artigo 30.2 da Lei de expropiación forzosa.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2026

Manuela Fernández Caloto
Xefa do Servizo de Coordinación de Enerxías Renovables

ANEXO

Relación de persoas interesadas ás cales se dirixe a presente notificación

Núm. de expediente: IN661A 2010/013.

Denominación do proxecto: parque eólico Outes.

Beneficiaria: Norvento, S.L.U.

Situación: concellos de Outes e Negreira (A Coruña).

Predio

Concello

Referencia catastral

Titularidade proposta

5

Outes

Polígono: 27

Parcela: 445, 464, 9008

Vicente Tuñas Fontáns

6

Outes

Polígono: 27

Parcela: 463, 446

Vicente Tuñas Fontáns

11

Outes

Polígono: 27

Parcela: 442, 443, 9008

Hdros. de Domingo Sieira Blanco

12

Outes

Polígono: 27

Parcela: 448

Hdros. de Domingo Sieira Blanco

49

Outes

Polígono: 27

Parcela: 360

Vicente Tuñas Fontáns

93

Outes

Polígono: 27

Parcela: 686

Vicente Tuñas Fontáns

95

Outes

Polígono: 27

Parcela: 686

Vicente Tuñas Fontáns

96.A

Outes

Polígono: 27

Parcela: 251

Descoñecido

96.B

Outes

Polígono: 27

Parcela: 250

Descoñecido

104.A

Outes

Polígono: 27

Parcela: 682

Descoñecido

189

Outes

Polígono: 28

Parcela: 188, 189

María José Louzao Campos

189

Outes

Polígono: 28

Parcela: 188, 189

José Campos Lourido

190

Outes

Polígono: 28

Parcela: 189, 190

Pilar Noya Campos

190

Outes

Polígono: 28

Parcela: 189, 190

María José Louzao Campos

190

Outes

Polígono: 28

Parcela: 189, 190

José Campos Lourido

191

Outes

Polígono: 28

Parcela: 190, 191

María José Louzao Campos

191

Outes

Polígono: 28

Parcela: 190, 191

José Campos Lourido

192

Outes

Polígono: 28

Parcela: 191, 192

María José Louzao Campos

192

Outes

Polígono: 28

Parcela: 191, 192

José Campos Lourido

193

Outes

Polígono: 28

Parcela: 192

María José Louzao Campos

193

Outes

Polígono: 28

Parcela: 192

José Campos Lourido

194

Outes

Polígono: 28

Parcela: 193, 196

María José Louzao Campos

194

Outes

Polígono: 28

Parcela: 193, 196

José Campos Lourido

195

Outes

Polígono: 28

Parcela: 196

María José Louzao Campos

195

Outes

Polígono: 28

Parcela: 196

José Campos Lourido

248

Outes

Polígono: 29

Parcela: 500

María José Louzao Campos

249

Outes

Polígono: 29

Parcela: 500, 501

María José Louzao Campos

250.A

Outes

Polígono: 29

Parcela: 509

Descoñecido

250.B

Outes

Polígono: 29

Parcela: 510

Descoñecido

250.C

Outes

Polígono: 29

Parcela: 511

Descoñecido

250.D

Outes

Polígono: 29

Parcela: 512

Descoñecido

250.E

Outes

Polígono: 29

Parcela: 513

Descoñecido

250.F

Outes

Polígono: 29

Parcela: 514

Descoñecido

250.G

Outes

Polígono: 29

Parcela: 515

Descoñecido

250.H

Outes

Polígono: 29

Parcela: 516

Descoñecido

250.I

Outes

Polígono: 29

Parcela: 517

Descoñecido

250.J

Outes

Polígono: 29

Parcela: 518

Descoñecido

264

Outes

Polígono: 29

Parcela: 519

José Antelo Lourido