DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Xoves, 3 de setembro de 2026 Páx. 47936

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 25 de agosto de 2026, do Servizo de Coordinación de Enerxías Renovables, polo que se notifican os depósitos previos, a ocupación e o inicio dos prazos de mutuo acordo e de presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados polo proxecto do parque eólico Olerón (expediente IN661A 2010/012).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», notifícaselles ás persoas interesadas sinaladas no anexo a consignación de depósitos previos á ocupación, a data a ocupación, o inicio dos prazos de mutuo acordo e de presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto do parque eólico Olerón (expediente IN661A 2010/012).

As persoas interesadas poderán solicitar unha copia da acta previa á ocupación, da folla de valoración do depósito previo á ocupación, do xustificante da súa consignación, así como o levantamento do dito depósito ante o Servizo de Coordinación de Enerxías Renovables da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, achegando xunto coa solicitude unha copia do DNI, documentación acreditativa da titularidade do predio e unha certificación bancaria que indique o número de conta para efectuar o ingreso. O importe do dito depósito previo, no caso de non ser retirado neste momento, poderá aboarse tamén no momento en que se efectúe o pagamento do prezo xusto (para o que será oportunamente citado). Este importe non se corresponde coa cantidade ofertada pola entidade beneficiaria nin coa que, no seu día, determine o Xurado de Expropiación de Galicia como prezo xusto, senón coa cantidade previa legalmente exixida para autorizar a ocupación dos predios.

Así mesmo, de acordo co artigo 24 da LEF, os titulares dos predios indicados no anexo dispoñen de 15 días desde a publicación deste anuncio para convir libremente e por mutuo acordo o prezo da expropiación coa entidade beneficiaria, sen prexuízo de que en calquera fase posterior da tramitación poidan chegar a ese mutuo acordo. Cumprido o referido prazo, e de acordo co artigo 29 da Lei de expropiación forzosa, os titulares quedan formalmente requiridos para que, no prazo de 20 días, presenten a folla de valoración na cal concreten o valor da indemnización que consideren que lles corresponde sobre o ben obxecto de expropiación. A folla de valoración deberá estar debidamente motivada e poderá estar avalada coa sinatura dun perito que reúna os requisitos establecidos no artigo 31 do Regulamento da Lei de expropiación (Decreto do 26 de abril de 1957). No caso de non presentar a dita folla de valoración no prazo sinalado, esta Administración procederá conforme o establecido no artigo 30.2 da Lei de expropiación forzosa.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2026

Manuela Fernández Caloto
Xefa do Servizo de Coordinación de Enerxías Renovables

ANEXO

Relación de persoas interesadas ás cales se dirixe a presente notificación

Nº de expediente: IN661A 2010/012.

Denominación do proxecto: parque eólico Olerón.

Beneficiaria: Norvento, S.L.U.

Situación: concellos de Rois e Brión (A Coruña).

Predio

Concello

Referencia catastral

Titularidade proposta

40

Brión

Polígono: 43

Parcela: 1207

Descoñecida

44

Brión

Polígono: 43

Parcela: 1211

Enrique Carlos Nieto González

45

Brión

Polígono: 43

Parcela: 1212

Enrique Carlos Nieto González

62

Brión

Polígono: 43

Parcela: 2396

Descoñecida

64

Brión

Polígono: 43

Parcela: 2398

Descoñecida

65

Brión

Polígono: 43

Parcela: 2399

Descoñecida

66

Brión

Polígono: 43

Parcela: 2400

Descoñecida

82

Brión

Polígono: 43

Parcela: 2413

Descoñecida

83

Brión

Polígono: 43

Parcela: 2480

Descoñecida

86

Brión

Polígono: 43

Parcela: 2415

Descoñecida

110

Brión

Polígono: 43

Parcela: 2436, 2440

Eduardo Baliña Mourelle