DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Xoves, 3 de setembro de 2026 Páx. 47935

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 25 de agosto de 2026, do Servizo Xurídico–Administrativo da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente IN408A 2024/016.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Xurídico-Administrativo da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, situada no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2026

Iván Marante Rodríguez
Xefe do Servizo Xurídico-Administrativo

ANEXO

Expediente/recurso

NIF

Acto obxecto de notificación

IN408A 2024/016

IPACI-DXERCC-SC-2026-003.3

33760688T

Desistencia da solicitude