Polo Acordo do Pleno do Concello do Rosal, do 7 de agosto de 2026, aprobouse inicialmente a modificación puntual número 1 das normas subsidiarias de planeamento do Concello do Rosal.
De conformidade co disposto no artigo 18.1 da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, en relación cos artigos 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 144.6 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o seu regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Durante o referido prazo, calquera persoa interesada poderá examinar a documentación técnica e administrativa do expediente:
a) De xeito presencial, nas dependencias da Casa do Concello do Rosal (praza do Calvario, 1, O Rosal), de luns a venres laborables, das 8.00 ás 14.00 horas.
b) De xeito telemático, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello do Rosal (https://orosal.sedelectronica.es/board) e no Portal de transparencia do Concello (https://orosal.sedelectronica.es/transparency-7. Urbanismo, obras públicas e ambiente_urbanismo, obras públicas y medio ambiente/7.1. Planeamiento urbanístico_planeamiento urbanístico9).
Así mesmo, durante o devandito prazo dun mes, os interesados poderán presentar as alegacións, observacións ou suxestións que consideren oportunas por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
O Rosal, 11 de agosto de 2026
Ánxela Fernández Callís
Alcaldesa
