DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Xoves, 3 de setembro de 2026 Páx. 47983

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cervo

ANUNCIO do proceso selectivo para cubrir, como persoal laboral fixo, unha praza de encargado/a de información e rexistro (grupo C2), mediante contrato de remuda e polo sistema de concurso-oposición libre, incluída na oferta de emprego público do ano 2026.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 194, do 26 de agosto de 2026, publicáronse integramente as bases do proceso selectivo para a cobertura, como persoal laboral fixo, dunha praza de encargado/a de información e rexistro, mediante contrato de remuda e polo sistema de concurso-oposición libre, incluída na oferta de emprego público do Concello de Cervo do ano 2026.

De conformidade co disposto nas citadas bases, o prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios realizaranse conforme o estipulado nas bases do proceso selectivo.

Cervo, 26 de agosto de 2026

María Dolores García Caramés
Alcaldesa