DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Xoves, 3 de setembro de 2026 Páx. 47982

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cervo

ANUNCIO do proceso selectivo para cubrir, como persoal laboral fixo (subgrupo C2), unha praza de xefe/a de obras, mediante o sistema de concurso-oposición pola quenda de promoción interna, incluída na oferta de emprego público do ano 2023.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 194, do 26 de agosto de 2026, publicáronse integramente as bases do proceso selectivo para a cobertura, como persoal laboral fixo (subgrupo C2), dunha praza de xefe/a de obras, mediante o sistema de concurso-oposición pola quenda de promoción interna, incluída na oferta de emprego público do Concello de Cervo do ano 2023.

De conformidade co disposto nas citadas bases, o prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios realizaranse conforme o estipulado nas bases do proceso selectivo.

Cervo, 26 de agosto de 2026

María Dolores García Caramés
Alcaldesa