No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 194, do 26 de agosto de 2026, publicáronse integramente as bases do proceso selectivo para a cobertura, como persoal funcionario de carreira, dunha praza de técnico/a da Administración xeral (subgrupo A2), mediante o sistema de concurso-oposición libre, incluída na oferta de emprego público do Concello de Cervo do ano 2025.
De conformidade co disposto nas citadas bases, o prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios realizaranse conforme o estipulado nas bases do proceso selectivo.
Cervo, 26 de agosto de 2026
María Dolores García Caramés
Alcaldesa
