DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Xoves, 3 de setembro de 2026 Páx. 47980

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cervo

ANUNCIO do proceso selectivo para cubrir, como persoal funcionario de carreira, unha praza de técnico/a superior en Transformación Dixital e Intelixencia Artificial (subgrupo A1), mediante o sistema de concurso-oposición por quenda libre, incluída na oferta de emprego público do ano 2023.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 194, do 26 de agosto de 2026, publicáronse integramente as bases do proceso selectivo para a cobertura, como persoal funcionario de carreira, dunha praza de técnico/a superior en Transformación Dixital e Intelixencia Artificial (subgrupo A1), mediante o sistema de concurso-oposición por quenda libre incluída na oferta de emprego público do Concello de Cervo do ano 2023.

De conformidade co disposto nas citadas bases, o prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios realizaranse conforme o estipulado nas bases do proceso selectivo.

Cervo, 26 de agosto de 2026

María Dolores García Caramés
Alcaldesa