DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Xoves, 3 de setembro de 2026 Páx. 47978

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cabanas

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas.

Ao non ser posible efectuar a notificación ás persoas titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, as persoas interesadas no procedemento procedan á xestión de biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, segundo o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Ponse en coñecemento das persoas responsables que o contido íntegro das citadas notificacións, así como a totalidade do expediente administrativo, está á disposición das persoas interesadas para o seu exame e coñecemento nas dependencias do Rexistro Xeral do Concello de Cabanas, das 8.30 ás 13.30 horas, os días laborables de luns a venres.

Referencia catastral

Lugar

Propietario/a

Expediente

7382702NJ6078S0001DD

Avenida A Torre nº 9-Porto

Herdeiros de Alfonso García Silva

206/2026

7385805NJ6078S0001DD

7385806NJ6078N0001XT

Avenida A Torre nº 21-Porto

Herdeiros de Josefa Pereiro Cabana.María Brage Cabana

649/2026

76794C0NJ6077N0001PA

Avenida Arenal-Cabanas

En investigación

659/2026

6981601NJ6068S0001EO

O Cantiño-Porto

Herdeiros de Manuel Leira Leira

902/2026

7593938NJ6079S

Camiño Val de Abaixo-Porto (Lodeiro)

José Jaime Carballo Rey

934/2026

15015A011015400000GY

Sobre de Arriba-Porto

Pablo López Freire

937/2026

Transcorrido o dito prazo e en caso de persistencia no incumprimento, o Concello procederá á execución subsidiaria con repercusión á propiedade dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, o comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da Lei 3/2007, anteriormente citada, sen prexuízo do procedemento sancionador que corresponda.

Cabanas, 10 de agosto de 2026

Fernando Couce Rodríguez
Alcalde