Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
O acto obxecto de notificación foi adoptado polo director xeral do IGVS.
A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 27 de agosto de 2026
O xefe da Área Provincial da Coruña
P.S. (Resolución do 31.7.2026)
Francisco Javier Pérez de Lago Lanzós
Xefe da Sección de Inspeccións e Sancións
ANEXO
|
Expediente |
DNI |
Acto obxecto de notificación |
|
VI482F1501805 |
46906684R |
Resolución de desistencia tácita |
|
VI482F1500154 |
44496758S |
Resolución de desistencia tácita |
|
VI482F1500116 |
49403777F |
Resolución de concesión dunha prórroga |
|
VI482F1501447 |
32796824C |
Acordo de incoación do procedemento de perda e reintegro da axuda |
|
VI482F1501435 |
46097888T |
Resolución de declaración da perda do dereito á axuda |
