No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 90, do 14 de maio de 2026, publicáronse a convocatoria e bases que rexerán a cobertura da seguinte praza vacante, incluída na oferta de emprego público do Concello de Bueu do ano 2024:
Denominación: técnico/a de Recursos Humanos. Sistema de provisión: concurso-oposición. Grupo A, subgrupo A2.
Solicitudes: presentaranse no modelo-tipo que figura como anexo I das bases da convocatoria, na forma establecida no artigo 16 LPACAP.
Prazo de presentación: vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os restantes e sucesivos anuncios inseriranse no taboleiro de anuncios electrónico e na web municipal, agás as resolucións de aprobación da lista provisional e a definitiva de admitidos (que incluirá o nomeamento e convocatoria do tribunal), con publicación tamén no Boletín Oficial da provincia; e a resolución de finalización do proceso e nomeamento da persoa aspirante seleccionada, que tamén se publicará no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.
Bueu, 28 de xullo de 2026
Félix Juncal Novas
Alcalde
