DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Venres, 4 de setembro de 2026 Páx. 48110

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

CÉDULA do 24 de agosto de 2026, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se dá audiencia aos interesados no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos que no anexo se mencionan, no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante a visita da Inspección comprobouse que nos establecementos que se relacionan no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística.

Considerando que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta área provincial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 46 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, e no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega, iniciar o expediente de baixa de oficio dos establecementos relacionados no anexo.

O que se notifica aos titulares dos establecementos referidos no dito anexo, para que no prazo de quince (15) días poidan efectuar as alegacións que consideren pertinentes. Tamén poderán examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel, na Área Provincial da Axencia Turismo de Galicia de Lugo.

Lugo, 24 de agosto de 2026

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Signatura

Denominación

Titular

Enderezo

Localidade

VUT-LU-001858

Sanxillao 1

Javier López Buceta

Rúa Flor de Lis, 28

Lugo

VUT-LU-001859

Sanxillao 2

Javier López Buceta

Rúa Flor de Lis, 28

Lugo

VUT-LU-001860

Sanxillao 3

Javier López Buceta

Rúa Flor de Lis, 28

Lugo

VUT-LU-001861

Sanxillao 4

Javier López Buceta

Rúa Flor de Lis, 28

Lugo