DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Venres, 4 de setembro de 2026 Páx. 48109

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ANUNCIO do 26 de agosto de 2026, da Secretaría Xeral da Emigración, polo que se lles notifica o requirimento de documentación ás persoas interesadas no expediente PR905A 2026/822.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o requirimento de documentación.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, malia a súa eficacia quedar supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar a documentación se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá coñecer o texto íntegro do requirimento nas dependencias da Secretaría Xeral da Emigración, praza de Mazarelos, 15, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Así mesmo, tamén se lle comunica á persoa interesada que, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se non presenta a documentación que se lle require no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta notificación no BOE, se considerará que desistiu da súa solicitude, logo da correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da devandita lei.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2026

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Procedemento/

Nº de expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do documento

PR905A 2026/822

61290063P

Requirimento

23.7.2026