Mediante a Resolución do 24 de xullo de 2026, publicada no Diario Oficial de Galicia número 144, do 3 de agosto de 2026, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que se detalla no anexo desta resolución.
De conformidade co establecido na base sexta da citada convocatoria, así como co establecido nos artigos 88.2 e 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nos artigos 6.2, 8 e na sección 3ª do capítulo II do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Declarar deserta a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo que se indica no anexo desta resolución.
Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular con carácter potestativo recurso de reposición ante o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán formular directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2026
Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional
ANEXO
Denominación do posto: secretario/a do/da secretario/a xeral técnico/a.
Código do posto: ED.201.00.000.15770.001.
Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.
Localidade: Santiago de Compostela.
Grupo: C1-C2.
Nivel: 18.
Corpo ou escala: xeral.
Complemento específico: 7.714,00 euros.
Tipo de adscrición: A11.
Formación específica: 640.
Descrición dos códigos:
A11-Adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.
640-Para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (requisito indispensable).
