Pablo Alonso González, con DNI ***2552** e que actúa como presidente da Comunidade de Usuarios de Laxoso, por medio deste anuncio convoco o vindeiro domingo, día 8 de novembro de 2026, na Casa Cultural de Laxoso, ás 18.30 horas en primeira convocatoria e ás 19.00 horas en segunda, a asemblea xeral extraordinaria conforme a seguinte orde do día e aprobación, no seu caso, do que proceda:
1. Aprobación da novación da concesión.
Ponte Caldelas, 14 de agosto de 2026
Pablo Alonso González
Presidente da Comunidade de Usuarios de Laxoso
