DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Venres, 4 de setembro de 2026 Páx. 48122

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Queiruga

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral.

Rogelio Santos Queiruga, con DNI ***3974**, que actúa como representante da Comunidade de Usuarios de Queiruga, mediante este anuncio convoco o vindeiro día 7 de novembro de 2026, na casa cultural de Queiruga (Porto do Son), ás 18.00 horas en primeira convocatoria e ás 18.30 horas en segunda, a asemblea xeral para a legalización da comunidade conforme á seguinte orden do día e aprobación, no seu caso, do que proceda:

1. Constitución en Comunidade de Usuarios.

2. Constitución da Xunta Xestora.

3. Ordenanzas da Comunidade de Usuarios.

Porto do Son, 13 de agosto de 2026

Rogelio Santos Queiruga
Representante da Comunidade de Usuarios de Queiruga