O Consello da Xunta de Galicia, na reunión do 8 de xuño de 2026, aprobou a modificación da relación de postos de traballo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia como consecuencia das necesidades funcionais e organizativas actuais e ordenou a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, publicación que se produciu o 18 de xuño de 2006 (DOG núm. 113).
O punto terceiro do Acordo do 8 de xuño de 2026 establece que a modificación da relación de postos de traballo producirá efectos na data que se determine mediante unha resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, que será publicada no Diario Oficial de Galicia.
En consecuencia, en cumprimento deste punto terceiro do acordo, dispoño que a data a partir da cal produce efectos a dita modificación da relación de postos de traballo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia será a do 15 de setembro de 2026.
Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
