BDNS (Identif.): 927777.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/927777
Primeiro. Persoas beneficiarias
Poderá ser beneficiario das axudas o persoal docente en servizo activo con destino en Galicia, destinado en centros docentes públicos, e que exerza a docencia directa co alumnado, equipos de orientación específicos, postos de asesoría dentro da estrutura administrativa da consellería e na Inspección educativa, liberados sindicais e persoal docente en prazas sometidas a convenio.
O persoal docente funcionario en prácticas poderá solicitar unha axuda das reguladas nesta convocatoria para a realización de actividades formativas.
Así mesmo, poderá cursar a solicitude o persoal docente funcionario interino. Estas persoas indicarán expresamente esta circunstancia no anexo I desta convocatoria.
O profesorado substituto poderá cursar a solicitude sempre que, polo menos, o 85 % da actividade subvencionable se desenvolva durante o período do seu nomeamento.
Segundo. Obxecto
Convocar, en réxime de competencia competitiva, axudas para financiar os gastos derivados da participación como asistente a actividades de formación non organizadas polas estruturas de formación da consellería que se desenvolvan na Comunidade Autónoma de Galicia, no resto do territorio español ou no estranxeiro, entre os días 1 de xaneiro e 30 de novembro de 2026.
Estas axudas cobren os gastos de matrícula, desprazamento, aloxamento e manutención.
Terceiro. Bases reguladoras
Publícanse conxuntamente coa convocatoria.
Cuarto. Orzamento e contía das axudas
O importe global previsto na orde é de 200.000 euros.
As axudas concederanse segundo os seguintes tipos e límites que se indican:
Tipo I, para actividades realizadas na Comunidade Autónoma de Galicia, ata un máximo de 400 euros.
Tipo II, para actividades realizadas no resto do territorio español, ata un máximo de 800 euros.
Tipo III, para actividades realizadas no estranxeiro, ata un máximo de 1.500 euros.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2026
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
P.D. (Orde do 5.6.2024)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades
e Formación Profesional
