DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Luns, 7 de setembro de 2026 Páx. 48178

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 20 de agosto de 2026, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente OU-00523-O-2026).

Conforme ao previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícanselle á persoa que se relaciona no anexo os acordos de inicio ditados pola persoa titular do Servizo de Mobilidade do Departamento Territorial de Ourense no expediente sancionador número OU-00523-O-2026, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro do acordo que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición da persoa interesada no Servizo de Mobilidade do Departamento Territorial de Ourense.

Outorgáselle un prazo de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para que alegue o que considere conveniente e para que presente ou propoña as probas que considere oportunas.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización deste pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a conclusión do procedemento sancionador.

Ourense, 20 de agosto de 2026

Hipólito Casas Conde
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

matrícula

DNI/CIF persoa denunciada

Infracción denunciada

Data Hora

Estrada pq

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

OU-00523-O-2026

1269-HHL

X7393154B

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro sen título habilitante
26.3.2026 19.45.00

N-120 461,0

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros