Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e demais normas vixente de aplicación, sométense a información pública o estudo de impacto ambiental e a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:
Expediente: IN407A 2025/146-4.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: LAT 66 kV A Estrada-Paizás.
Situación: A Estrada e Silleda.
Descrición das instalacións proxectadas:
• Liña de alta tensión (LAT) 66 kV, conformada por dous tramos aéreos, con condutor LA-280, e tres subterráneos, con condutor Al 630+H165 Cu.
• LAT aérea:
1. Tramo aéreo I: de 18,79 km, con orixe no apoio núm. 1, paso aero-subterráneo (no sucesivo PAS), e final no apoio núm. 80, PAS. Este tramo discorre polo concello da Estrada.
2. Tramo aéreo II: de 1,38 km, con orixe no apoio núm. 81, PAS, e final no apoio núm. 87, PAS. Este tramo discorre polo concello de Silleda.
• LAT subterránea:
1. Tramo subterráneo I: de 360 metros, no concello da Estrada, con orixe na subestación A Estrada e final no apoio núm. 1, PAS.
2. Tramo subterráneo II: de 920 metros, con orixe no apoio núm. 80, PAS, e final no apoio núm. 81, PAS, nos concellos da Estrada e Silleda.
3. Tramo subterráneo III: de 220 metros, con orixe no apoio núm. 87, PAS, e final na subestación Paizás, en Silleda.
O proxecto da LAT 66 kV A Estrada-Paizás está suxeito á avaliación de impacto ambiental ordinaria, conforme o artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental. O órgano ambiental competente para emitir a declaración de impacto ambiental é a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
O órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é o Departamento Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía e Industria.
O proxecto de execución da instalación e o estudo de impacto ambiental están á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía e Industria, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37, así como no portal da mencionada consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
A documentación anterior tamén foi posta á disposición de cada un dos concellos afectados.
Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas.
Pontevedra, 6 de agosto de 2026
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
