DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Luns, 7 de setembro de 2026 Páx. 48271

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO de aprobación inicial da ordenanza reguladora de xestión de residuos municipais.

O Pleno da Corporación, na sesión do 29 de xullo de 2026, acordou aprobar inicialmente a ordenanza reguladora de xestión de residuos municipais do Concello de Teo.

Para cumprir co que dispón o artigo 49.b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, procédese á súa exposición pública no Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de edictos da Corporación durante trinta (30) días, contados desde a publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia, co fin de que as persoas interesadas poidan examinar o expediente e formular as reclamacións que consideren oportunas.

De non formularse reclamacións, o acordo inicialmente aprobado entenderase adoptado con carácter definitivo.

Teo, 5 de agosto de 2026

Lucía Calvo de la Uz
Alcaldesa