DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Martes, 8 de setembro de 2026 Páx. 48333

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 28 de agosto de 2026, da Área Provincial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia nun expediente do Programa de axuda ao alugamento de vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia.

Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázase a persoa interesada cuxo DNI se especifica no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto obxecto de notificación foi adoptado polo director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, na rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o antedito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 28 de agosto de 2026

O xefe da Área Provincial da Coruña
P.S. (Resolución do 31.7.2026 da directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas)
Francisco Javier Pérez Lago de Lanzós
Xefe de sección de Inspeccións e Sancións da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

202415ALUG01896M

32597209E

Resolución de perda do dereito