DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Martes, 8 de setembro de 2026 Páx. 48335

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 16 de xuño de 2026, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación da instalación 12.50.OBR.001 (pasarela e pantalán), de titularidade desta entidade, e do edificio 12.50.EDF.004 (edificio deportes náuticos 2), non titularidade desta entidade, para o desenvolvemento de actividades de formación e almacenamento de embarcacións do club de remo, no porto da Pobra do Caramiñal (clave 12-50-24-C-1).

Está en trámite unha concesión administrativa, a favor do Concello da Pobra do Caramiñal, para a ocupación da instalación 12.50.OBR.001 (pasarela e pantalán), de titularidade de Portos de Galicia, e do edificio 12.50.EDF.004 (edificio deportes náuticos 2), non titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento de actividades de formación e almacenamento de embarcacións do club de remo, de acordo coa resolución de inicio de trámite, asinada pola Presidencia de Portos de Galicia o 10 de xuño de 2026, con base no proxecto de reparación do club de remo, asinado en setembro de 2025 polo arquitecto José Antonio Gómez Domínguez, colexiado núm. 4169.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas podan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, núm. 5,1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está dispoñible na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 16 de xuño de 2026

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro de Portos de Galicia