DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Martes, 8 de setembro de 2026 Páx. 48336

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO de convocatoria para a cobertura en propiedade dunha praza de persoal laboral fixo de oficial/a de parques e xardíns.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 167, do 2 de setembro de 2026, publicáronse integramente as bases reguladoras do proceso de selección para a cobertura en propiedade, a través do sistema selectivo de concurso-oposición, por quenda libre, dunha praza de oficial de parques e xardíns, pertencente ao cadro de persoal laboral.

O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

O Barco de Valdeorras, 2 de setembro de 2026

Aurentino Alonso Araújo
Alcalde