O Concello de Betanzos fai pública unha notificación relativa ao requirimento de limpeza á titular da parcela que se indica a continuación, logo de resultar infrutuosa, por causas non imputables a esta Administración, a notificación á que se refire o artigo 135 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia, e de conformidade co disposto no artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
|
Expediente |
Referencia catastral |
Situación |
Titular |
|
2026/V001/000022 |
4527408NH6942N0000ZB |
Rúa Nosa Señora do Camiño 62, polígono 7 |
Casanova Santos, Agustín Fernando |
|
2026/v001/000032 |
3227134NH6932N0001DJ |
Rúa Magdalena |
En investigación |
As persoas interesadas en coñecer o contido íntegro do acto que se notifica poderán acudir ás oficinas municipais do Concello de Betanzos, sitas na praza de Galicia, 1 (Edificio Arquivo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de quince días naturais contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no taboleiro de anuncios do Boletín Oficial del Estado. Así mesmo, dispoñen de idéntico prazo para cumprir coa obriga da xestión da biomasa e, de ser o caso, da retirada das especies arbóreas prohibidas.
Unha vez transcorrido este prazo sen que se faga uso do dereito sinalado, o Concello de Betanzos continuará co expediente segundo o disposto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
O Concello de Betanzos notifica este acto para os efectos oportunos e sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan alegar o que consideren oportuno, no prazo de quince días desde o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Betanzos, 7 de agosto de 2026
María Barral Varela
Alcaldesa
