1. Entidade adxudicadora:
Xunta de Galicia, Consellería de Facenda e Administración Pública.
Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio.
2. Obxecto do contrato:
Tipo de contrato: alugueiro.
Finalidade: inmoble para dependencias do Distrito Forestal XV e da Oficina Rural.
Descrición do obxecto: alugueiro dun inmoble no núcleo urbano de Xinzo de Limia cunha superficie construída total comprendida entre os 400 e os 600 m² e coas demais condicións previstas no prego.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: concurso público.
4. Orzamento base da licitación:
5 €/m² mensuais máis IVE.
Duración: 10 anos.
5. Obtención de documentación e información:
Subdirección Xeral do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública.
Rúa A Pastoriza, 8, 15781 Santiago de Compostela.
Teléfono: 981 54 41 51/981 54 41 52.
Web: http://www.conselleriadefacenda.es/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/concursos/arrendamentos
Correo electrónico: ax.patrimonial.facenda@xunta.gal
6. Presentación das ofertas:
Data límite de presentación: vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de condicións.
Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), ou calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
No suposto de que se presenten as ofertas en lugares diferentes do rexistro xeral, deberá remitirse o mesmo día da presentación á Subdirección Xeral do Patrimonio, ao correo electrónico seguinte: ax.patrimonial.facenda@xunta.gal, indicando a presentación da oferta e o lugar da súa presentación. No caso de non recibir este, non serán admitidas as ofertas presentadas.
7. Apertura das ofertas:
Data: 19 de outubro de 2026.
Hora: 10.00 horas.
Lugar: sala de xuntas do edificio administrativo da Xunta de Galicia na rúa A Pastoriza, 8, Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orden do 15.12.2021; DOG do 24 de decembro;
disposición adicional segunda do Decreto 49/2024; DOG do 24 de abril)
José María Barreiro Díaz
Director xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio
