Examinada a solicitude de revisión do esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común (MVMC) Serra de Quinxo, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) de Pereira, no concello de Entrimo, resultan os seguintes
Feitos:
Primeiro. O 5.12.2025 a CMVMC de Pereira presentou unha solicitude (Rexel núm. 2025/3405652) correspondente coa proposta de revisión do esbozo do MVMC Serra de Quinxo, no concello de Entrimo.
Coa solicitude achegaron a seguinte documentación:
– Certificación do acordo da Asemblea Xeral do 22.11.2025.
– Memoria e planos.
– Arquivos xeográficos en formato vectorial.
Segundo. O Servizo de Montes do Departamento Territorial de Ourense emitiu un informe favorable o día 2 de febreiro de 2026 en relación coa citada solicitude. O perímetro obxecto de revisión comprende as partes lindeiras con particulares.
A superficie do MVMC Serra de Quinxo, unha vez revisado o esbozo, sería de 446,17 ha fronte ás 444 ha do acordo de clasificación, o que supón un incremento do 0,5 %.
Tendo en conta o anterior, emítese un informe favorable dobre a revisión do esbozo solicitada.
Consideracións legais e técnicas:
Única. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo terceira establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.
De acordo con ela, os esbozos de montes veciñais integrados nun expediente que, pola súa antigüidade, non reúnan as características de fiabilidade e precisión que exixen as novas técnicas topográficas poderán ser revisados axustándose e completándose con aqueles datos e documentos que se consideren necesarios, en particular os requiridos para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade.
De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 2.2.2026, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común acordou, por unanimidade, o día 22.6.2026:
Aprobar a proposta de revisión do esbozo do MVMC Serra de Quinxo, pertencente á CMVMC de Pereira, no concello de Entrimo.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Ourense, 24 de agosto de 2026
José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense
