DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Martes, 8 de setembro de 2026 Páx. 48312

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 24 de agosto de 2026, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución relativa á revisión de esbozo do monte veciñal en man común Regás, no concello de Cartelle.

Examinada a solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común (en diante, MVMC) Regás, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (en diante, CMVMC) da Senra, no concello de Cartelle, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. O 25.11.2025 a CMVMC da Senra presentou unha solicitude (Rexel núm. 2025/3260486) de revisión de esbozo do MVMC Regás, no concello de Cartelle.

Coa solicitude achegou a seguinte documentación:

– Certificación do Acordo da Asemblea Xeral do 1 de marzo de 2025.

– Memoria e planos.

– Arquivos xeográficos en formato vectorial.

Segundo. O informe do Servizo de Montes do Departamento Territorial de Ourense do 2.2.2026 fai constar que o perímetro obxecto de revisión inclúe as partes lindeiras con particulares. Revísase tamén un pequeno tramo estremeiro co MVMC A Serra.

A superficie do MVMC Regás, unha vez modificado o esbozo, sería de 58,36 ha fronte ás 59,40 clasificadas, o que supón unha redución do 1,8 %.

Tendo en conta o anterior, emítese informe favorable sobre a revisión do esbozo solicitada.

Consideracións legais e técnicas:

Única. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo terceira, establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

De acordo con ela, os esbozos de montes veciñais integrados nun expediente que, pola súa antigüidade, non reúnan as características de fiabilidade e precisión que exixen as novas técnicas topográficas poderán ser obxecto de revisión axustándose e completándose con aqueles datos e documentos que se consideren necesarios, en particular os requiridos para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 2.2.2026, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común acordou por unanimidade o día 22.6.2026:

Aprobar a proposta de revisión de esbozo do MVMC Regás, pertencente á CMVMC da Senra, no concello de Cartelle.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 24 de agosto de 2026

José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

ANEXO

missing image file