DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Martes, 8 de setembro de 2026 Páx. 48283

III. Outras disposicións

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2026 pola que se dá publicidade aos convenios subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2026.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no segundo cuadrimestre do ano 2026, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2026

María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección
da Legalidade Urbanística

ANEXO

Título

Obxecto

Achega económica

Data da sinatura

Entrada en vigor

Anexo ao convenio de adhesión entre o Concello de Cortegada e a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

Modificación do convenio orixinario de adhesión do 5.11.2009 (DOG do 16 de novembro)

0,00 €

5.5.2026

20.5.2026