En cumprimento do establecido no artigo 16 do Decreto 111/2015, do 6 de agosto, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello de Comunidades Galegas, coa conformidade do presidente da Xunta de Galicia,
RESOLVO:
Facer pública a convocatoria do XIV Pleno do Consello de Comunidades Galegas, que terá lugar os días 11 e 12 de novembro de 2026 en Río de Janeiro.
Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2026
Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración
