DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Mércores, 9 de setembro de 2026 Páx. 48399

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 28 de agosto de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador ANI-CO-0095/2026-V e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, logo de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultaren descoñecidas ou porque, intentadas dúas veces as notificacións, non se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para examinaren estes actos na sede deste departamento territorial, situado na rúa Vicente Ferrer, 2, 8º andar, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 28 de agosto de 2026

María Pilar Arias Graña
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto notificado

ANI-CO-0095/2026-V

32750949F

Resolución do procedemento sancionador

ANI-CO-0062/2026-V

49915752W

Acordo de incoación do procedemento sancionador

ANP-CO-0008/2026-V

32838685K

Acordo de incoación do procedemento sancionador