DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Mércores, 9 de setembro de 2026 Páx. 48400

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 31 de agosto de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se lles comunica ás posibles persoas interesadas en representar os intereses das asociacións naturalistas e ecoloxistas no Consello Provincial de Pesca Fluvial de Lugo que se abre o procedemento para formular as propostas de nomeamento dos dous representantes que lles corresponden.

De conformidade co disposto no artigo 41.1.j) do Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, e no artigo 15 da Lei 2/2021, do 8 de xaneiro, de pesca continental de Galicia, unha vez que transcorreu o prazo de vixencia de dous anos da anterior designación, resulta necesaria a renovación dos dous representantes das asociacións naturalistas e ecoloxistas no Consello Provincial de Pesca Continental de Lugo.

Conforme o establecido nos artigos 44 e 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e tendo en conta a posibilidade de que existan persoas interesadas non localizadas ou cuxa identificación non conste, ábrese o presente trámite de información pública co obxecto de que calquera persoa que poida verse afectada, e en particular as asociacións naturalistas e ecoloxistas que desenvolvan a súa actividade na provincia de Lugo, poidan formular propostas de nomeamento dos dous representantes no Consello Provincial de Pesca Continental de Lugo.

Contido do procedemento:

O obxecto do procedemento é a designación de dúas persoas representantes das asociacións naturalistas e ecoloxistas para formar parte do Consello Provincial de Pesca Continental de Lugo durante un período de dous anos.

As propostas deberán concretar as persoas que, segundo o criterio das asociacións, deban ser designadas para esta representación, achegando os datos persoais completos (nome, DNI, domicilio para os efectos de notificación e cargo na asociación) e a acreditación da súa lexitimación para actuar en nome da asociación.

Atendendo ao recollido no artigo 15 da Lei 2/2021, do 8 de xaneiro, de pesca continental de Galicia, no artigo 41.1 do Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, e nos artigos 44 e 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ábrese un proceso de información pública dun mes desde a súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE) para coñecemento xeral de todas aquelas persoas que poidan verse afectadas nos seus intereses e para que poidan formular a proposta de nomeamento dos representantes no citado órgano.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, malia a eficacia do acto notificado quedar supeditada á súa publicación no BOE.

Lugo, 31 de agosto de 2026

O director territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
P.S. (Resolución do 17.3.2025)
Sonia López Fernández
Xefa do Servizo de Enerxías Renovables e Infraestruturas