De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, do 31 de agosto de 2026, do proxecto «Cambio de uso de forestal a agrícola de varias parcelas na parroquia de Orro, no concello de Culleredo (A Coruña)», promovido por Felipe Luis Cobián Fernández de la Puente.
Este informe poderase consultar na ligazón https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e mais nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2026
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
